O Paseo da Corredoira será o lugar onde este sábado se celebre a Festa da Auga, un evento co que se quere animar a tarde do sábado para cativos e cativas.

Así o público poderá disfrutar de forma gratuíta de dous inchables acuáticos e tamén da festa da escuma. Celebrarase de 18:00 a 21:00 horas.

Nas últimas semanas, aproveitando a peonalización nas fins de semana do tramo do Paseo da Corredoira, entre o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde e os soportais, téñense celebrado actividades de animación, con inchables nas primeiras fin de semana, e a pasada fin de semana cunha Festa da Auga, que dado a boa acollida que tivo repetirase este sábado.