Este domingo 25 de Outubro, o Concello de Tui únese á celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, cun acto literario-musical ás 13:00 horas no cemiterio de Guillarei.
Neste acto participarán os alumnos do conservatorio de música de Tui e a escritora Marga do Val.
Descubrirase unha placa na memoria das persoas que alí xacen.