ALFREDO

Este ano correspóndelle ao Concello de Tui realizar a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado o próximo domingo, 30 de xuño, na Catedral de Lugo.

Por este motivo o Concello de Tui pon á dispor da cidadanía autobuses gratuítos para desprazarse até Lugo. As persoas interesadas en acudir á Ofrenda deberán inscribirse até o próximo martes 25, inclusive, na casa do concello de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 617 498 103 de 9.30 a 13.30 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Os autobuses sairán o domingo 30 ás 8:00 horas.

Neste ano 2019 cúmprense 350 anos desta ofrenda que dende 1.669 realizan as sete cidades que foron capital do Antigo Reino de Galicia, e que coincide coa celebración do Corpus Christi.