Un Asunto de Familia

O xoves 5 de marzo o cineclub Poleiro proxecta un drama xaponés «Un Asunto de Familia», dirixido por Hirokazu Koreeda. O pase será no Auditorio de Goián , ás 21:30 horas.

Sinopse:

Osamu e o seu fillo atopan unha nena que foi maltratada, no medio dun frío glacial. A familia aínda que é pobre acóllea e vai sobrevivindo con pequenos furtos. Un accidente pon a proba os lazos que os unen.  Un dilema que se agranda para unhas persoas que comparten protección e cariño pero sobreviven ao marxe da lei.

Premios (2018) Palma de Ouro en Cannes á Mellor película , César á Mellor Película Estranxeira, Premio Donostia en San Sebastián

O xoves 2 de abril é o turno de Cafernaúm unha película libanesa dirixida por Nadine Labaki .

Sinopse :

Ante un tribunal, Zaín, un neo de 12 anos declara ante o xuíz: ¿Por qué demandas aos teus propios país?- Por darme a vida.

Pechamos o ciclo o xoves 7 de maio con Benzinho, dirixida polo brasileño Gustavo Pizzi . Conta a historia dunha ama de casa de Rio de Janeiro con catro fillos que acolle á súa irmán e ao seu sobriño, vítimas de malos tratos.

Rebaixa: O bono para as catro películas custa 6 euros

O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Máis información Ramón Álvarez. Teléfono: 629735337