Un milleiro de guardeses pide a paralización da compra de Fínola
O portavoz municipal do BNG da Guarda, Anxo Baz e a Responsábel local da organización, Bea Lomba

O portavoz municipal do BNG da Guarda, Anxo Baz e a Responsáble local da organización, Bea Lomba, entregaron hoxe no rexistro do Concello un milleiro de asinaturas reclamando a paralización da compra da finca de Fínola.

Os nacionalistas manteñen que existe normativa urbanística eficaz e relativamente rápida para que a finca de Fínola pase a ser de uso público. O desenvolvemento do PERI nº 5 no que está ubicada esta finca, garante que o Concello se faga con esta propiedade e dous mil metros a maiores sin costes para o Concello.

Este é o motivo polo que os nacionalistas acusaron de despilfarro tanto ao PSOE como ao PP e a Concelleira non adscrita Fani Iglesias que apoiaron a compra e denunciaron públicamente que o único beneficiario coñecido era a banca, actual proprietaria dos terreos.

Anxo Baz, portavoz do BNG declarou que “aínda están a tempo de paralizar este despilfarro. Non escoitaron ao BNG no seu momento, tampouco escoitaron o informe de Intervención que recomendaba o desenvolvemento do PERI, o Alcalde debería de escoitar agora a veciñanza”.