A rede de mulleres, Marea Feminista de Nigrán, deuse cita o pasado venres na praza do Concello para realizar unha «performance» titulada «O Feminismo sálvanos». Nesta representación ponse de manifesto a necesidade de sensibilizar á sociedade e institucións contra as violencias machistas, en ocasións normalizadas ou invisibilizadas, e no apoio as vitimas. «Crear conciencia feminista desde a infancia é a única ferramenta de prevención de actitudes machistas coa que chegar a conseguir unha sociedade igualitaria e preocupada pola erradicación desta terrible problemática social».
No acto de protesta leuse o poema «Mi miedo» de María Isabel Fernández Ruiz, que narra a dura realidade que sofren as mulleres maltratadas e os seus fillos/as. Tamén gardouse un minuto de silencio polas 24 mulleres asasinadas no que vai de ano en mans da violencia machista.
Con esta acción, o grupo de activistas comeza unha serie de iniciativas feministas que se farán ao longo do ano.
Animan a todas as persoas que queiran participar neste movemento a unirse ao grupo de Facebook, Marea Feminista de Nigrán.