Los niños asistentes al campamento de música de Tomiño

O vindeiro luns, 13 de agosto, arranca no auditorio, unha nova edición do Campamento Musical organizado pola Agrupación Musical de Goián, en colaboración co Concello de Tomiño.

A actividade terá lugar ao longo de dúas semanas, finalizando o 24 de agosto, pudendo os e as participantes, de entre 3 e 12 anos de idade, optar por asistir unha semana ou dúas, dependendo dos intereses e posibilidades de cada quen.

Coma en anos anteriores, as persoas non terán por que ser so de Tomiño, senón tamén de outros concellos da comarca, coma O Rosal, A Guarda, Tui ou Vilanova de Cerveira.

Coma explican os organizadores, aínda que algunhas nenas e nenos xa teñen coñecementos musicais, para a maioría, este campamento é o seu primeiro contacto co mundo da música; polo que se fai especial fincapé en chegar a este mundo, a través de xogos e dinámicas de grupo, traballando cunha metodoloxía integradora que permita aprender e convivir na diversidade e en igualdade.

Por outra parte, o mesmo día 24 de agosto, ao rematar o campamento, terá lugar, dentro do ciclo cultural de verán “O Son da Praza”, o espectáculo “Ei cantar coa Agrupación Musical de Goián”. Trátase dun innovador formato musical no que se mesturarán as voces de Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Miguel Ladrón de Guevara coa música da banda, para interpretar cancións tradicionais galegas e boleros, nun homenaxe especial a “Os Tamara”. Será na Praza do Seixo a partir das 22.30 horas e con entrada de balde.

Para máis información e inscricións:

Enderezo electrónico: info@bandadegoian.gal

Teléfono: 626 799 623