O pasado venres, presentouse a candidatura para Baiona de «Unidas Podemos-Son en Común», explicando o seu programa aos vecinos da vila. Ó seu remate someterono a votación, acadando aprobación por unanimidade.

“Tamén presentamos ó noso compañeiro José Ramón Estévez Brao como candidato á alcaldía, así como as compoñentes da lista, formada por persoas chegadas de diferentes sectores, cheas de ilusión, implicación, ganas de traballar e mudar moitas cousas na nosa vila”, afirman dende a formación.

No acto, contaron coa presenza da portavoz no Parlamento Galego, Carmen Santos Queiruga, “á cal lle agradecemos enormemente a súa colaboración e experiencia, facéndonos sentir arroupados nun día tan importe para nós”, apuntan.

Ao acto asistiu Silvano Montes, actual concelleiro do grupo Esquerda Unida Son en Baiona, “co cal nos presentamos nunha candidatura conxunta nestas municipais”, aseguran.

“Explicounos todo o traballo realizado nestes anos polo seu grupo, para situarnos e axudarnos a entender de que punto partimos cara o futuro na nosa vila. Grazas, compañeiro, polo voso traballo e dedicación. Continuaremos con el e ampliaremolo”, rematan.