PAXI // Encontro de bandas de gaitas San Telmo 2017

Este sábado celebrarase unha edición máis, a quinta, do Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui, organizado polo Centro Cultural Laxes de Paramos.

Nesta edición as bandas «Os Coribantes de Buchabade» (Ponte Caldelas) e «A Pintega Marela»3 ( Madrid) compartirán escenario coa Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, que actua como anfitriona do encontro.

O concerto principal será a partir das 21:30 horas na Praza de San Fernando, diante da Catredal de Tui. Pero poderemos asistir a pequenos concertos, das bandas participantes, desde as oito da tarde na Glorieta de Vigo, na Praza da Inmaculada, na Praza Bispo Salvado, diante do Pazo do Concello e na porta do Teatro da Área Panóramica.

Ás 21:30 horas as bandas participantes farán un pasarrúas dende a Área Panorámica ata a Praza de San Fernando. No caso de choiva o concerto principal trasladarase á igrexa de San Domingos.