O vindeiro domingo, a partir das 17:30 horas, no Adro de Peitieiros, o Centro Cultural e Veciñal, en colaboración coa Concellería de Cultura e coa Comisión de Festas, organiza o Vª Edición do Serán Homenaxe ás Pandereteiras.

O motivo que leva ao CCV de Peitieiros a organizar este serán é o de conmemorar o día internacional das mulleres (que se celebra o 8 de marzo), cunha actividade festiva.

Por iso, este serán é a V Edición da Homenaxe ás Pandeireteiras, simbolizando nelas a importancia do papel da muller na transmisión da nosa música en particular e da nosa cultura en xeral, visibilizándoas e dándolles o protagonismo que merecen.

Haberá carpa e a festa rematará cunha chocolatada para os presentes.