Continúan as andainas organizadas pola Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda e que teñen lugar entre os meses de setembro e novembro co obxectivo de coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño.

A primeira andaina, desta nova sesión, celebrouse o pasado sábado onde os participantes percorreron a Ruta da Cova Moura nas terras portuguesas de Monçao, cunha distancia total de preto de 20 km.

Esta ruta guiada rocorreu as sendas e parroquias de Monçao. Os asistentes coñeceron praias fluviais como a de Sendin, onde transcorre o río Gadanha, que ofrece unha paisaxe de gran valor, ademais de muíños, pontes medievais e moita natureza con pequenos sendeiros entre prados, viñas, penedos e piñeirais. Tamén coñeceron Palacio de Berjoeira, clasificado como Munumento Nacional dende o ano 1910, de estilo neoclásico, foi construído en 1834.