Veciños de Gondomar patrullan os montes da vila

Dende primeiros de setembro máis de 80 voluntarios medioambientais, en grupos ou individualmente,  están a patrullar os montes de Gondomar.

Trátase dunha vixilancia activa do monte en xeral, sen distinguir na súa propiedade, na procura da súa protección pero, sobre todo na criación de consciencia sobre a importancia dun patrimonio medioambiental de tanto valor que no caso do Concello de Gondomar ocupa máis do 70% da superficie.

O labor e a función deste voluntariado será só de vixilancia; advertindo de todo aquilo que poida resultar sospeitoso á Policía Local, ou ao propio concelleiro de Medio Ambiente que é o coordinador do voluntariado.

“Con esta vixilancia complementamos con máis de 100 persoas (126) as outras vixilancias que xa existen tanto por parte das CCMM Veciñais, como dos servizos da Xunta ou as Forzas de Seguridade”, comenta o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Antonio Araújo Quintas.

Con esta actividade estáse establecendo un compromiso real entre a cidadanía e a defensa do Medio Ambiente, achegándolle a moitas persoas, sobre todo mozos e nenos, unha visión do monte ampla e diversa, imprescindible para a vida: osixeno para respeirar, auga para beber, lecer, patrimonio material e inmaterial, biodiversidade, riqueza forestal, etc, etc..

Entre as actividades a realizar neste curso que comeza, a primeira sería colaborar na limpeza de ríos a finais de setembro dentro do “Proxecto Ríos” simultaneamente co resto de Galicia; organizar andainas, charlas e actividades formativas ao redor do Medio Ambiente, unha segunda “arrincada de eucaliptos” para o mes de outubro; así como colaborar coa Plataforma de Defensa da Serra do Galiñeiro, entre outras.