A competición está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Gondomar e o Vincios FS, dentro do convenio que teñen ambas entidades para este ano 2018. Comenzará o día 9 de xullo as 20:30 horas no pabellón polideportivo Municipal de Gondomar.

O Trofeo celebraráse en dúas Fases: Preliminar e Final. A Fase Preliminar xogarana todolos equipos entre o día 9 e o 13 de xullo e a Fase Final (cuartos, semifinal e a Final) celebrarase o día 14 de xullo a partir das 15:00 horas no mesmo lugar.

Este ano o torneo disputarano 16 equipos da comarca e seu entorno, ordenándose en catro grupos e xogándose en sistema de liguilla entre eles, clasificándose os dous primeiros de cada grupo para a fase final.

Recibirán trofeos e premios os catro primeiros equipos clasificados, ademáis do equipo máximo goleador, o menos goleado e a Deportividade.

A entrega dos premios terá lugar o día 14 de xullo as 20:30 horas, unha vez terminado o partido Final.