Una andaina para recorrer los balcones del Monte Aloia de Tui
CEDIDA // Club AndaTui Rego da Pedra

O club Andatui celebra o vindeiro domingo, 23 de decembro, a VII Camiñada Solidaria 2018, en favor de SOS Tomiño Baixo Miño.

O punto de saída será no palco da música da Corredoira de Tui, ás 10:00 horas. A Camiñada, apta para tódolos públicos, transcurrirá polas rúas de Tui e a Ponte Internacional nun recorrido de 8 quilómetros aproximadamente.

Dado o caracter solidario da Camiñada, para participar tan só é preciso presentarse no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedeiros.