Cantares do Brión

«Vincios, unha parroquia con son» é o nome do seguinte acto dos pertencentes áo ciclo de faladoiros dedicados á música do Val Miñor. O acto terá lugar este xoves 14 de marzo ás 20:00 horas no local do IEM.

Presentado por Félix Rodríguez Míguez, integrante do blog “Palcos da Música”, contaremos coa presenza de:

  • Pablo Rial Salgueiro director do coro galego “Cantares do Brión”.
  • Rosa González Otero presidenta da Agrupación Musical de Vincios.
  • Beatriz Fernández Alonso presidenta da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios.