Violeta de Santiago Moure

Violeta de Santiago Moure encabezará a candidatura dos socialistas de Tomiño ás vindeiras eleccións municipais.

Asimesmo, Mirta Misa Misa, Marisol Álvarez Vázquez, Manuel Leirós Toucedo e Fernán Muñoz de Santiago ocuparán os seguintes postos.

A lista electoral ao completo que combina experiencia e veteranía con xuventude e frescura, será presentada o vindeiro venres día 10 de maio no hotel Nova Colina.

As e os candidatos afrontan con ilusión e firmeza a campaña electoral e afirman estar seguros de que chegou o momento do cambio que a veciñanza demanda. «Nos somos a garantía de que ese cambio que precisa e merece Tomiño sexa posible, e para levalo a cabo contaremos con todas e todos e xuntos faremos que pase”, sinala Moure.