O Concello da Guarda informa que este sábado realizarase unha visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal.
Esta visita guiada, que conta coa coordinación de Anabam, realizarase de xeito gratuíto con saída ás 10:45h dende o porto da Guarda, cun percorrido aproximado de 2 horas, empregando a senda litoral. Inscricións no teléfono 616 180 557.
Visitas guiadas ao patrimonio do Monte Santa Trega
Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30 horas e ás 17:00 horas terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.