Este pasado domingo, A Guarda Hockey Liña disputou o partido aprazado correspondente á Liga Galega de Hockey Liña na categoría masculina.
O partido saldouse con vitoria do equipo guardés con un resultado de 5-3 fronte a un rival directo para a clasificación dos playoffs da categoría, os Morcegos de Ourense.
Nun ateigado pavillón do Monte da Mina de Vigo, o equipo masculino da Guarda venceu con solvencia ó equipo ourensán e consolida a súa presenza na parte alta da táboa, ocupando a cuarta posición e empatado a puntos cos propios Morcegos, con un partido menos disputado.
O vindeiro domingo día 16 no pavillón municipal de Bouzas de Vigo o Clube Guardés organiza a Sede de Liga Galega na categoría masculina. Enfrontándose ó líder, Lóstregos de Lugo ás dez da mañá e a Alquimia InLine da Coruña as tres da tarde.
