ALFREDO // Dos peregrinos por las calles de Oia

O programa de artes escénicas Vive o amiño arranca o vindeiro martes 31 de xullo no concello do Rosal coa primeira das máis de 40 actividades de balde e dirixidas a todos os públicos que se celebrarán nos concellos galegos do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa ata setembro.

Impulsada por Turismo de Galicia, a iniciativa forma parte dos compromisos do Goberno galego, enmarcados no Plan director do Camiño que este ano dedica a ambos itinerarios.

A primeira parada de Vive o Camiño, no concello do Rosal, incluirá a particular proposta de contos e historias das árbores do Camiño Portugués a cargo de Anxo Moure que concienciará da importancia de protexer o patrimonio forestal da ruta xacobea. Será a partir das 20:00 horas e estará acompañado pola música en directo de Servando Barreiro. A continuación, ás 21:30 horas será a quenda de Najla Shami dúo, con Camiños de culturas que inclúe orixinais mesturas entre música galega e outras de sons africanos, brasileiros e mesmo co jazz. Os espectáculos celebraranse na explanada do horizonte (Portocelo) e, en caso de choiva, trasladarase á Praza do Calán (San Xián 7, baixo a carpa).

Tras o Rosal, a programación prevista para a vindeira semana ao abeiro de Vive o Camiño incluirá o concello de Oia o mércores 1 de agosto coa proposta dos contacontos O Camiño que camiña con nós, de Celso Fernández Sanmartín, Celsiño, a partir das 21:30 horas na eira do convento de Santa Mª de Oia. A partir das 22:00 horas actuará no mesmo escenario Najla Shami dúo. En caso de choiva celebraranse no centro sociocultural de Pedornes.

Exposición da ruta xacobea

O calendario de Vive o Camiño estenderase ata o vindeiro mes de setembro e incluirá os concellos de Nigrán, Baiona, A Guarda, Tui, Porriño, Mos, Valga, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Caldas de Reis, Portas,  Pontecesures, Padrón, Rois, Teo e Ames.

En total programaranse 44 actividades de balde, entre contacontos e O calendario de Vive o Camiño estenderase ata o vindeiro mes de setembro e incluirá os concellos de Porriño, Nigrán, Baiona, Mos, Valga, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Caldas de Reis, Tui, Portas, A Guarda, Pontecesures, Padrón, Rois, Teo e Ames.

En total programaranse 44 actividades de balde, entre contacontos e actuacións musicais, a cargo de diferentes artistas con traxectorias recoñecidas e cunha ampla experiencia no mundo artístico. Estas accións irán acompañadas dunha exposición informativa tanto do Camiño Portugués como do Camiño Portugués da Costa.