Volta o programa “Medrando en Familia”, un programa socio-educativo para previr situacións de marxinación social que chega á súa 3ª edición. Charlas, obradoiros e encontros sobre diferentes temáticas relacionadas coa crianza dos fillos e fillas.

A programación 2020 arranca este sábado co obradoiro “Osixénate. Como respirar axeitadamente e as súas vantaxes”, pensado para crianzas de 3 a 5 anos acompañados polos seus proxenitores e proxenitoras. Logopedas especializadas serán as encargadas desta actividade en familia, na que ensinarán identificar as causas dunha mala respiración e as consecuencias; como detectalas durante o día e a noite, e melloralas.

A actividade será ás 12.00 horas, no Salón de Plenos do Concello.

O mércores 15 de abril ás 17.30h. celebrarase o encontro “Entendendo as rabechas. Dar autonomía, conectar e re-dirixir”, Será tamén no Salón de Plenos do Concello e haberá servizo de canguros (é preciso inscribirse).

O venres 8 de maio ás 19.30h. haberá unha conferencia “Os dez erros máis comúns na educación dos nosos fillos e fillas” a cargo de Toni García Arias, nomeado Mellor docente de Primaria de España do 2018 Educa, e nomeado aos Global Teacher Prize 2020. Esta conferencia será a que dea contido e forma ao que se considerará o acto de clausura da 1ª promoción de familias usuarias do Medrando en Familia. Será no Auditorio de Goián e haberá servizo de canguros (é preciso inscribirse).

Por último, organízanse os xa tradicionais obradoiros Medrando co meu bebé (de 0 a 6 meses, e de 6 a 12 meses); Medrando e xogando (de 12 a 18 meses) e Xogando e descubrindo (de 18 a 36 meses).

Para máis informacións, dirixirse ao Servizo de Educación e Apoio Familiar (rúa Bos Aires, 4) ou chamar ao 986 622 001.

Inscribirse a través de internet.