Xardín Desordenado

Con motivo da designación de Carlos Casares como autor do Día das letras Galegas 2017, Xardín Desordenado confeccionou un programa na súa homenaxe, no que se inclúen cancións con diversos textos do autor, algún deles ben coñecidos coma “A Galiña Azul” ou “Un polbo xigante”, pero outros publicados ata agora só en revistas especializadas.

Así, esta formación presentará o vindeiro xoves 21 de decembro, as 20:00 horas, no Instituto de Estudos Miñoráns, Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo Gondomar, o seu último traballo “Casares”.

Xardín Desordenado

Hai sete anos, un grupo de músicos reuníronse nunha bufarda de Tirán Igrexario (Moaña) para musicar a poetas galeg@s. Aínda que de distintas procedencias musicais e mesmo xeracionais, todos eles tiveran contactos co jazz, que aparece como fondo de moitos dos seus arranxos. As súas composicións van dende o blues e o swing, ata o bolero e a bossa nova.

Publicaron dous CD, un dedicado a poetas homes e outro dedicado a poetas mulleres, e presentaron os seus traballos en numerosos auditorios, como a Cidade da Cultura, o museo Verbum de Vigo, o Pazo de Cultura de Pontevedra, o museo Provincial de Lugo, o auditorio Afundación de A Coruña etc.

En 2014 viaxaron ata Bos Aires onde ofreceron concertos en diversos teatros e auditorios.

Día do socio/a.

No Instituto de Estudos Miñoráns terá lugar o vindeiro xoves 21 de decembro á celebración do Día do socio e socia na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo.

Este será despois da actuación de Xardín Desordenado que presentará ás 20:00 horas o seu último disco:”CASARES”.