O vindeiro venres 23 de agosto de 22:00 a 00:00 horas, o IEM realizará unha nova Xeira polo mar de Baiona e As Estelas.
Farán un paseo marítimo nocturno para ver as Illas Estelas, e a costa da baía de Baiona, Monteferro, as Cíes e os montes do Val de Miñor, dende unha visión acompañada de relatos da historia de naufraxios e o mundo do mar.
Guía:
- Xosé Lois Vilar Pedreira
Prezo da viaxe:
- 18 € público en xeral. / 15 € socios do IEM.
A data límite para confirmar inscrición é o xoves 22 de agosto ás 22:00 horas.