Este próximo venres día 9 de agosto, o IEM, en colaboración co concello de Tomiño, organiza unha xeira nocturna para ver os petróglifos do Monte Tetón na parroquia de Santa María de Tebra. 

O punto de encontro para esta xeira será ás 21:00 horas no Alto do Padrón, na pista de entrada para ir ata o Tetón, no lindeiro de Gondomar e Tomiño na estrada PO-344.

A visita consistirá nun paseo ata os petróglifos do Real Seco e das Portaxes, para ver a posta de sol, e xa sen luz natural coa axuda de luz artificial rasante poder ver os gravados, coas explicacións do arqueólogo e subdirector do IEM, Xosé Lois Vilar Pedreira.

Recomendase levar roupa de abrigo (por si á noite refresca), calzado cómodo, lanternas e seguir as instrucións dos guías para moverse ata o lugar da visita.