Xeiras do IEM, “Río de Táboas. O novo parque forestal de Nigrán”

O vindeiro martes 7 de agosto, ás 18:30 horas, terá lugar a sétima xeira de verán polo concello de Nigrán, “Río de Táboas. O novo parque forestal de Nigrán”, dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Xosé Ramón García.

O punto de encontro será na Igrexa de Camos.