Unha trintena de voluntarios eliminaron miles de eucaliptos na Serra do Galiñeiro
Xornada de eliminación de eucaliptos na Serra do Galiñeiro

Este sábado, ás 17:00 horas, levarase a cabo unha xornada de eliminación de eucaliptos no Alto de San Antoniño.

O acto está organizado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso, Gondomar. O punto de encontro será no mirador do Viso. Haberá froita e auga para os asistentes, que terán que levar luvas e unha machada pequeña.