ALFREDO // Centro de día de Baiona

O Centro de Día mancomunado do Val Miñor abre as súas portas o día 23 de Maio para convidar a todos aqueles que gusten en visítalo e participar nas actividades que a continuación se describen:

De 11:00 A 12:00 horas, “Proxección dos vídeos resultado do concurso “Nunca é tarde”: gravacións de anuncios televisivos onde as persoas maiores son os protagonista de calquera temática que axude a romper estigmas, que se vexan representados nas temáticas onde sempre son relegados.

A continuación, Mesa Redonde, onde se debaterá o tema do “Empoderamento das persoas maiiore”. Teresa Barberena Fernández, Profesora IES Audiovisual de Vigo, Mª Elena García Rivas, Traballadora Social do centro de día.Maite Campos Gómez, Actriz, Profesora de Expresión Corporal, Directora de Teatro abordarán o tema.

Xa pola tarde, as 16:00 A 17:00 horas. “Charla: “O Rol dos maiores na sociedade actual”: Abordarase a análise da situación actual dos maiores na sociedade tanto dun punto de vista social, económico, laboral, cultural e de ocio. Un paso adiante na Silver Economy. Luís Barros Ríos, Sociofundador Atendo Calidade, Director de Innovación Atendo, será o encargado de informar acerca o tema.

De 17:30 A 18:30 horas, Xogo Participativo: Consistirá nun concurso formato “Pasapalabra” de preguntas relativas ó edadismo nas persoas maiores, e a idea que pode haber estendida dos mesmos. Participarán alumnos/as do primeiro curso do IES Primeiro de Marzo do Ciclo de Animación sociocultural e turística, en dous equipos cos usuarios/as do CAPM mancomunado do Val Miñor, os/as gañadores/a serán os que acerten máis preguntas.

O centro albergará a Exposición Itinerante: “Non pesan os anos, pesan os mitos” mitos e estereotipos na terceira idade”