Muíño Devesa de Abaixo

A Asociación Muiñeiros do Río Tripes de Tui, organiza unhas xornadas de portas abertas no muíño Devesa de Abaixo, donde se poderán ver dende a adella, a moa, o pé ou a cruz, deste muíño.

Estas xornadas, donde ademáis se poderá gozar do sendeiro con 25 muíños, serán dende este xoves 22 ata o domingo 25 de agosto en horario de mañán 11.00 a 13.00 horas e tarde de 17.00 a 20.00 horas.