O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, coñecedor das dificultades para acceder ao mercado laboral da mocidade que abandonou os seus estudos, apostou por darlles unha oportunidade para mellorar o seu futuro.

Dezasete mozos participan dende o mes de novembro nun curso preparatorio dos ámbitos da comunicación, científico-tecnolóxico e social, financiado integramente polo Concello de Gondomar e impartido por Radio ECCA, para poder presentarse a proba que se vai levar a cabo o día 25 de maio e conseguir o Titulo de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

O alcalde Paco Ferreira, quere agradecer ó alumnado o esforzo e tesón amosado o longo do curso e darlles ánimos para superar esta proba, crucial para empezar unha nova andaina cara o futuro laboral e formativo, que estou seguro mudará as súas vidas.