Agrupación Musical de O Rosal.
BRAIS MARTÍNEZ // Agrupación Musical de O Rosal.

Este sábado, terá lugar na Praza do Calvario do Rosal, a partires das 20:30 horas, o Festival de Bandas. 

Este ano contarase coa participación de dúas bandas da provincia. Intervirán a Banda de Música de Chapela, e tamén a Banda Escola de Música de Beade.

Rematará o festival Agrupación Musical do Rosal, baixo a dirección de Javier Alonso Pérez, no que será o seu primeiro concerto coa banda no concello, interpretando un programa que non deixará indiferente o público.

Por outra banda, o domingo 1 de setembro, será o turno das corais, na Igrexa Parroquial de Santa Mariña, ás 20:00 horas. Contarase coa presenza da Coral Frol Nova de Chapela, a Coral Polifóncia Cantores de Arnoia (Ourense) e rematará a Coral da Agrupación Musical do Rosal.