Coral Polifónica de A Guarda
FOTO CEDIDA // Coral Polifónica de A Guarda

Este sábado, ás 20:30 horas, o Auditorio de San Bieito será o escenario para a celebración da IV edición do Encontro da Canción Mariñeira.

Nesta IV edición o Encontro da Canción Mariñeira contará coa participación dos grupos Coiro Vello da Guarda, Orfeao de Vila Praia de Ancora(Caminha) e a Agrupación Coral Polifónica da Guarda.

No repertorio deste encontro os asistentes gozarán da música tradicional galega e portuguesa, moi ligada á cultura mariñeira das vilas da franxa costeira, das redeiras, dos pescadores, dos homes e mulleres do mar.

O evento está organizado pola Coral Polifónica da Guarda en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello da Guarda.