Convocado o IX premio de poesía Victoriano Taibo
CEDIDA // Victoriano Taibo junto a Celso Emilio Ferreiro

O día 31 de xullo rematou o prazo de presentación ao certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns. A esta que xa é a décima edición concorren 49 orixinais.

A decisión do xurado será dada a coñecer na segunda quincena do mes de setembro e a entrega do premio terá lugar o día 18 de novembro no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Nas nove edicións anteriores resultaron galardoados as e os poetas: Carlos Negro con Cultivos Transxénicos, Mª CarmenCaramés con Cuarto Minguante, Elvira Riveiro e Silvia Penas con Biografía da Multitude, Mª Goretti Fariña con Devastacións dispoñibles, Calros Solla con Holocausto Zacoe, Conchita Álvarez Lebredo con Distancias e Simetrías, Ramón Sandoval con Territorios Estraños, Lara Rozados con O caderno amarelo, Iñaki Varela con Do outro lado das portas e Xosé Iglesias con A relixión do mar.