Xeira do IEM por San Pedro da Ramallosa

O vindeiro luns 14 de agosto, gozaremos dunha nova xeira polo concello de Nigrán na parroquia da Ramallosa “San Pedro da Ramallosa. Monumentos, lendas e paisaxes.”

A xeira está dentro do programa das xeiras de verán 2017 do IEM e conta coa colaboración do concello de Nigrán. Será guiada polo especialista Antonio Soliño Troncoso.

A xeira ten como punto de encontro a Capela de San Campio na Ramallosa ás 18:30 horas.