80 nenos do Ceip As Solanas repoboan de árbores autóctonas o Monte Trega

Este xoves, uns 80 nenos e nenas de diferentes cursos do Ceip As Solanas , acudiron ao Santa Tegra invitados pola Comunidade de Montes da Guarda, para facer unha repoboación de árbores autóctonas (castiñeiros e carballos).

O bo tempo acompañou en todo momento e tanto nenos e nenas (agrupados por parellas)como o persoal da Comunidade, traballaron a reo nesta fermosa actividade que ten por obxectivo principal (a parte da plantación en sí mesma) a concienciación por parte dos máis pequenos da importancia que ten o coidado e o respecto polo medio ambiente.

Nesta «era dixital» e fundamental facer este tipo de actividades ambientais que os acheguen a natureza para que o seu desenvolvemento sexa o máis armónico e enriquecedor posible. Desde o Colexio agradecen á Comunidade de Montes a invitación e o trato recibido e esperan que conten con eles para vindeiras actuacións.