O IEM, Instituto de Estudos Miñoráns, organiza un concurso fotográfico da paisaxe e do territorio na Serra do Galiñeiro, da Groba e A Valga. O concurso pretende ser un punto de encontro para afeccionados á fotografía e sensibles ás temáticas relacionadas co medio, co entorno e o patrimonio natural.
Poderán concorrer a este concurso as persoas afeccionadas á fotografía, maiores de idade, sempre que os seus traballos se axusten ás bases do mesmo. Establécese unha categoría avaliada polo xurado e outra avaliada na rede social Facebook polo público que o desexe.
Valorarase a orixinalidade da proposta, capacidade para provocar emocións cara á temática, calidade estética e técnica. As fotografías deberán ser orixinais e inéditas.
Poderán ser en branco e negro ou a cor.
As fotografías presentaranse en formato dixital en tamaño 30×45 cm (300 píxeles por polgada). Os participantes poderán enviar dúas fotografías como máximo. As instantáneas serán da propiedade do autor/a que se presente ó concurso.
As fotografías non levarán marcas de auga, palabras ou nomes que as identifiquen.
En ningún caso se admitirán fotografías que supoñan un prexuízo a integridade física ou moral de persoas individuais ou de todo tipo de colectivos. Non se terán en conta para o concurso as fotografías que sexan fotomontaxes.
Enviaranse por correo electrónico (oficina@iem.gal). Titularase cada fotografía cun nome.
No correo electrónico aparecerán tamén os datos persoais do autor/a (nome e apelidos, DNI e teléfono). Os participantes cumprimentarán e asinarán a folla modelo que aparece no anexo destas bases, onde se autoriza a exhibición e publicación da súas fotografías na exposición posterior ó fallo do xurado e nas redes sociais do IEM.
O prazo para presentación de fotografías vai dende 20 de setembro ó 14 de novembro ás 24 horas.
Premios e exposición:
Premio Xurado:
- 250 € + revelado en 40×60 + publicación na REM Premio
Público:
- 150 € + revelado en 40×60 + publicación na REM
2 accésit Xurado:
- Revelado 30×45 + publicación na REM 2 accésit
Público:
- Revelado 30×45 + publicación na REM
14 Finalistas:
- Publicaranse as súas fotografías na exposición e na revista REM
