Concello da Guarda

El camping Santa Tecla sufrió el pasado martes una inundación que anegó las instalaciones, provocando importantes perdidas económicas.

«Dende concello da Guarda, antes que nada, queremos manifestar a nosa comprensión polo estado de ánimo e desgusto da xerencia do camping, posto de manifesto en diferentes medios de comunicación, sen embargo, consideramos necesario facer unhas puntualizacións ás súas manifestacións. Cando se asegura que a inundación prodúcese como consecuencia do vertido dos pozos de rexistro do emisario que une O Rosal coa Guarda (instalado no seu día pola Xunta de Galicia) e que discorre pola pista do exterior do camping non se está a dicir a verdade. É certo, que a consecuencia de que o emisario entra en carga en períodos de moita choiva, algunhas das tapas dos rexistros saltan e botan auga fóra, pero en ningún caso esta auga vai parar dentro do recinto do camping, e o xerente o sabe», señalan desde el Consistorio.

«A realidade é que o camping Santa Tecla está situado na Xunqueira de Salcidos, unha paraxe inigualable e marabillosa, pero que en determinadas épocas, sobre todo en períodos de moita choiva, é unha zona inundable. Isto o saben todos os veciños de Salcidos, dende sempre, cando as choivas coinciden con marea alta esa zona e o seu entorno inúndanse, como foi o caso. Polo tanto, a auga embalsada no interior do recinto do camping como noutros terreos da Xunqueira non é fecal, senón que é auga procedente da choiva e dos xuncais que rodean a zona», aseguran desde el Concello de A Guarda.