Nigrán Decide

Nigrán Decide convoca unha asemblea aberta na que invita a toda a veciñanza a participar nun proceso aberto de elaboración programática, de cara conformación dunha candidatura unitaria e veciñal para as eleccións municipais.

Nomeadamente invita publicamente a participar aos membros, tanto de Podemos como independentes da alternativa Somos Nigrán aos membros de Nigrán de Manifesto Miñor.

Ademais, na asemblea dialogarase e debaterase, en pe de igualdade, de xeito transparente entre entre todos os asistentes na busca de consensos, sen ningunha tipo de imposición por ningunha parte, sobre o nome, o funcionamento, a forma da conformación da candidatura que leve a cabo o programa, sen prexuízo de calquera outra cuestión que calquera asistente poda propoñer.

A asemblea terá lugar o xoves 8 de decembro as 11:30 horas no local da Asociación de Veciños ”A Unión» de A Ramallosa situada na Rúa Manuel Lemos Nº 88, no lugar de Mallón.

Na asemblea dialogarase sen ningunha tipo de imposición por ningunha parte sobre a conformación dunha candidatura que leve a cabo o programa resultante.