Os socialistas de Baiona lembran que a renovación integral da praza Victoria Cadaval de Sabarís “é un proxecto e un investimento da Deputación de Carmela Silva e do goberno local de Carlos Gómez, como saben todos os veciños e veciñas”.

A sinatura do convenio de hoxe entre Concello e Deputación para facer as obras demostra que o noso compromiso con Sabarís era unha realidade, unha débeda co barrio que o PP da Xunta e o PP de Baiona se empeñaron en non levar cabo e sae agora adiante grazas á nosa xestión e á nosa insistencia”, asegura Carlos Gómez.

Presentamos este proxecto e dixemos que estaba encauzado, pese a que o señor Almuíña dicía durante a campaña das municipais que era fume, un investimento de segunda que tumbaría para, segundo o actual alcalde, conseguir de novo o millón de euros que prometera a Xunta”, destaca o PSOE de Baiona.

Hoxe o señor Almuiña e o presidente da Deputación asinan o convenio para facer as obras que, ante a xestión de Carlos Gómez, aprobou Carmela Silva”, engaden.

O investimento, dentro do programa PON2030 da Deputación de Pontevedra, será de 580.000 euros e o proxecto, «elaborado hai meses polo Goberno local de Baiona liderado polos socialistas, cumpre varios obxectivos, recuperando o protagonismo para as persoas e, sobre todo, mellorando a mobilidade e a accesibilidade da praza», din os socialistas.

A praza terá amplos espazos de descanso e paseo, zonas verdes, renovarase o alumeado con tecnoloxía LED e todos os servizos da zona (entre eles, a rede de pluviais e o saneamento).

A xestión amosase con feitos; grazas ao Goberno de Carlos Gómez, fíxose a reforma do paseo Pinzón, a segunda fase das obras de humanización na rúa Carabela Pinta e agora estas obras na praza Victoria Cadaval”, rematan os socialistas.