Plataforma Veciñal por un Gondomar con Servizos

Toda a veciñanza de Gondomar esta convocada a participar na concentración do sábado 14 de decembro ás 12:00 horas na Praza da Paradela.

«A carencia de servizos básicos afecta a toda a poboación pois a falta de saneamento contamina os nosos campos e as nosas augas, que as precisamos para vivir e que en moitas ocasións xa non é apta para o seu consumo», indican.

Indican tamén que «a seguridade viaria é outra necesidade e unha gran preocupación para as veciñas e veciños que ven como as súas vidas corren perigo cada vez que saen á rúa».

Animan a veciñanza a participar nesta concentración e instan ao actual goberno de Gondomar «a cambiar a súa forma de traballar en favor das necesidades e peticións de veciños. Por un Gondomar con Servizos, concentrate!»