A biblioteca municipal do Rosal converterase o vindeiro venres 27 de decembro ás 19.30 horas e con entrada de balde no escenario do espectáculo ‘A lingua somos todos’, unha actividade para público infantil e familiar que forma parte do programa de dinamización lingüística de Nadal en Rede e que busca poñer en valor a potencialidade do galego como elemento de identificación e unión de toda a veciñanza.

Trátase dun espectáculo que combinará música, relato e poesía da man de Emilio Rúa e X.C. Caneiro e que empregarán a lingua como elemento de unión. Como explicou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, “esta actividade é unha oportunidade perfecta para achegar o galego a todas as xeracións nun formato artístico que emociona e conecta”.