O vindeiro 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, con motivo do 188 aniversario do seu nacemento. O Concello da Guarda únese ás múltiples homenaxes e actos de recordo cunha celebración en torno á súa obra e á lingua galega. 

Deste xeito, o Concello promove o sorteo de 2 lotes de libros, acompañados dunha cunca coa súa figura e un CD de Tino Baz entre aquelas persoas que compren libros en galego nas librerías guardesas antes do 8 de marzo. O sorteo celebrarase no Salón de Plenos o martes 11 de marzo ás 13:30 horas.

Ademais desta iniciativa, que promove o consumo de libros en galego, poñeranse en distribución marcapáxinas con escolma dalgúns poemas de Rosalía nas librerías da vila e na biblioteca.

Estes marcapáxinas contan cun deseño orixinal das artista miñorana Irene Silva, creadora da imaxe e proxecto artístico Rosalía Total.