Coma todos os anos o CPI de Cova Terreña está a levar a cabo os actos de celebración do Día das Letras Galegas con actividades e actuacións no centro.
Así, o mercores día 14 acudiu ao centro o grupo de Baile Galego de Baiona que nos recibiu no salón de actos. Explicaronnos as partes da vestimenta e un pouco da historia e das actividades que se desenvolven no grupo, e actuaron para nos.
O xoves 15 tivemos un serán e un obradoiro de pandeireta para todo o centro. Este obradoiro pretende achegar ao alumnado o uso sinxelo da pandeireta e ata o baile galego aprendendo uns pasos tamén moi sinxelos. Realizouse no salón de actos. Para que o obradoiro fose de proveito adiantámos un vídeo onde poideron coñecer e practicar os pasos que os nenos e nenas aprenderon ese día.
Tamén aprendemos a facer unha pandeireta a partir dun cartón e duas culleres. E a ANPA organizou unha chocolatada durante o recreo para a amenizar aínda máis este día.
A partir das 13:00 horas puxemos en práctica o aprendido organizando un serán con todo o alumnado no patio norte.
Xa o venres 15 o alumnado de 6ºB de Primaria agasallará cunha obra de teatro ao alumnado de Ed. Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria a partir das 12:30 horas.
E pecharanse os actos das Letras Galegas co concerto do Coro e conxunto instrumental de Ed. Secundaria xunto co Coro de actividades extraescolares da ANPA “Covacanta” e o alumnado de 5º e 6º de Primaria no Auditorio Municipal ás 19:30 horas.
