A Fundación Sales de Vigo e a escritora Soledad García celebraran o Día Internacional da Lingua Materna o vindeiro sábado 28 de febreiro cun contaconto escape room no Arboretum (Avenida de Europa 52), unha actividade lúdica e familiar que aposta polo xogo e pola literatura como ferramentas de promoción da lingua galega.

A proposta toma como punto de partida os libros do proxecto Emocionaria, unha iniciativa cultural dirixida ao público infantil e familiar que combina lectura, educación emocional e dinamización lingüística.

A actividade está dirixida a nenas e nenos de 4 a 10 anos, a través de Artai, Urco, Sedna, Gante ou Undomel, personaxes  do universo Emocionaria. O percorrido desenvolverase polo xardín do Arboretum, deseñado polo paisaxista Francisco de Sales, convertendo o espazo nun escenario onde lingua e natureza se unen.