O Grupo Municipal Socialista da Guarda presentou no pleno de maio unha moción para mellorar os servizos públicos de aseos nas praias e no porto, que foi aprobada por unanimidade.
A iniciativa incluía dúas propostas principais, a instalación dun baño público autolimpable na zona do porto e a ampliación do período de apertura dos baños públicos situados na praia do Muíño e da Area Grande.
Desde o PSOE da Guarda valoran positivamente o apoio unánime da corporación, pero lembran a Roberto A. Carrero que “non abonda con votar a favor; agora hai que cumprir os acordos aprobados polo pleno”.
O grupo socialista advirte ademais de que “o goberno municipal está empezando a acostumarse a apoiar mocións da oposición que logo non executa”, polo que aseguran que estarán “vixiantes para que estas medidas non queden nun simple titular e se convertan nunha realidade para a veciñanza e para as persoas que visitan A Guarda”.
