Este venres comezará con Ana Pontón, voceira parlamentaria do grupo político con representación no Parlamento Galego do BNG, os faladorios do IEM.
Será presentada por Sandra González (Alcaldesa de Tomiño), e moderará a xornada Xaime Lugilde (Licenciado en Dereito)
O contido das xornadas tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de: Sector primario e secundario, Lingua e Cultura Galega, Demografía, Servizos Sociais, Orzamentos e Galicia no Estado Español.
A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo de Gondomar, ás 20:00 horas.
