Na Asemblea veciñal celebrada o pasado martes día 3 abordáronse os diversos problemas e carencias do transporte público colectivo en Gondomar, e plantexáronse diversas liñas de acción na busca de solucións aos mesmos.
Unha delas é a convocatoria dunha concentración como chamada de atención aos Gobernos do Concello e da Xunta e ás empresas concesionarias das liñas de transporte interurbano que realizan o servizo na Vila Condal, ATSA e Metytour, como partes implicadas e responsábeis de prestar ou de velar por que se preste un servizo digno.
A concentración será o sábado 7 de abril, ás 12:00 horas, diante do Concello de Gondomar e nela demandaranse:
- A inclusión de Gondomar no Plan de Transporte metropolitano e a implantación dos descontos da tarxeta metropolitana.
- A recuperación da liña de Melytour por Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso.
- A resolución do conflicto das liñas/paradas entre Gondomar e Vigo xerado entre ATSA e Melytour.
- Servizo regular entre as parroquias, ao CUVI e cos concellos do Val Miñor.
