Este xoves celebrouse no Salón de Plenos do Concello da Guarda, unha sesión do Pleno Escolar que se organiza con carácter anual e que nesta edición contou coa participación dos alumnos de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e de 2º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, contando entre o público asistente con usuarios do Centro San Xerome, o Alcalde da Guarda e a Concelleira de Cultura.A Corporación municipal estivo composta do seguinte xeito:
Grupo municipal PSOE:
- Neftalí González Rivas (Alcalde).
- Gabriel Álvarez Alonso.
- Cristian Lomba Álvarez.
- Jorge Lomba Álvarez.
- Ana Mª González Méndez.
- Laura Rodríguez Rodríguez. (2º CMXA)
- Jennifer Barbosa Álvarez. (2º CMXA)
Grupo municipal PP:
- Sandra Sobral Enes.
- Leticia Martínez Villasenín.
- Laura Villa Rivero.
- José Luis Linárez Carrasco.
- Borja Araújo Alonso. (2º CMXA)
Grupo municipal BNG:
- Jéssica González Martínez.
- Marisa Araújo Rodrigues.
- Carlota Otero Giráldez.
Grupo Mixto:
- Victoria Portela Blanco.
- Ángeles Villasenín Álvarez.
Esta actividade realizase co fin de que os alumnos guardeses se involucren nas institucións democráticas e participen na política municipal traballando con propostas e mocións, que foron moi debatidas durante a sesión plenaria.
ORDE DO DÍA:
Punto 1. Aprobación acta da reunión anterior.
Punto 2. Información da Alcaldía sobre os traballos de remodelación e actualización do alumbrado público.
Punto 3. Información da Alcaldía do estado das obras de humanización de Concepción Arenal
Punto 4. Proposta da Alcaldía sobre a creación do programa permanente de formación para persoas en paro. – Aprobada unanimidade
Punto 5. Proposta do grupo muncipal do BNG para a organización de actividades no Castelo de Santa Cruz e promoción do turismo. –
Punto 6. Proposta do grupo municipal do PP para a creación da oficina municipal de promoción, información e tramitación de iniciativas para o emprendemento e o autoemprego. –
Punto 7. Proposta do grupo municipal mixto sobre a creación do “Polideportivo A Guarda”. – Aprobada.
Punto 8. Rogos e preguntas.
