A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, organiza unha festa infantil especial de Entroido para os días 5 e 6 de marzo.
O Martes de Entroido e o Mèrcores de Cinza, haberá unha chea de actividades lúdicas gratuitas para os máis pequenos no pavillón de deportes en horario de 16:00 a 20:30 horas.
Os nenos poderán disfrutar de inchables, maquillaxe, obradoiros, Foamball da Área Nerf, Realidade Virtual, Plastichef de PlayDoh, Fotomatón, Fhotocall e Área de Bloques Xigantes.
Ademáis, o martes celebraráse un Gran Concurso Infantil de Disfraces, en modalidade individual.
As inscricións realizaranse o mesmo día de 16:00 a 18:00 horas, dando comenzo o concurso ás 18:00 horas.
Os participantes optarán aos seguintes premios:
1º Premio: Unha Playstation 4.
2º Premio: Unha Tablet Samsumg Galaxy Tab 4.
3º Premio: Un Hoverboard + Kart
4º Premio: Un patinete eléctrico.
5º Premio: Unha Tablet Samsumg Galaxy Tab E.
Do 6º ao 10ª Premio: Kit de agasallos.

