Esta mañá, máis dun milleiro de persoas congregáronse na Praza do Reló da Guarda para conmemorar o Día Internacional da Muller cunha Concentración reivindicativa en prol da igualdade real entre mulleres e homes.
Asociacións, centros educativos, comerciantes, veciñas e veciños da Guarda, así coma membros do Goberno Local, leron manifestos e pronunciaron alegatos a favor do empoderamento feminino.
As conmemoracións do Día Internacional da Muller 2019 rematan na Guarda o vindeiro xoves día 14 de marzo ás 20:30h no Centro Cultural coa Proxección do documental «A Liga do Condado e o Baixo Miño, a recuperación do fútbol feminino galego. A paixón dunhas mulleres convertida en realidade».
