O BNG celebrou este sábado un acto público na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos. Diante dun auditorio abarrotado a formación nacionalista presentou a Merchi Martínez como candidata á Presidencia da Entidade Local Menor e a Anxo Baz como candidato á Alcaldía da Guarda.

Queremos abrir a Entidade aos veciños e veciñas, regulamentar os plenos, informar ao pobo. Un goberno do BNG na Entidade Menor no que escoitaremos aos veciños e veciñas, ver as vosas necesidades, limpeza, reposición de camiños, …” sinalou Merchi Martínez, ante o aplauso dun ateigado salón.

Anxo Baz, candidato do BNG á Alcaldía da Guarda,asegurou que con Merchi Martínez “teredes a unha Camposina do voso lado, escoitándovos e atendéndovos”, o mesmo tempo sinalou que “un goberno do BNG, vai ser un goberno de compromiso co pobo, de traballo diario, fuxindo dos grandes anuncios que logo quedan en nada. Traballo, traballo, traballo, para unha Guarda diferente”.