O martes 30 de xullo, ás 18:30 horas, terá lugar unha nova xeira dentro do programa das Xeiras de verán 2019 que organiza o IEM coa colaboración do concello de Gondomar, e qu elevará por título: «Camiño da Nosa Señora do Norte. De Gondomar a Vilaza».
Será guiada por Antonio Soliño Troncoso. O percorrido estará acompañado de dúas intérpretes en lingua de signos. O punto de encontro e remate será na Estación de Autobuses de Gondomar.
